ENTREGA DIPLOMAS CAMBRIDGE

  • 02 de novembro de 2017

ENTREGA DIPLOMAS CAMBRIDGE

O pasado martes día 24 de outubro, tivo lugar no salón de actos do colexio Ntra Sra dos Remedios, a entrega de diplomas dos exames da Universidade de Cambridge a todos os alumnos YOUNG LEARNERS (Starters, Movers, Flyers), KET, PET e FIRS ainda que Non todos os alumnos puideron asistir asistir ao acto. 

Presidiron o acto o director do colexio e a responsable de exames Cambridge na zona de Santiago, que felicitaron aos alumnos/as  polos resultados conseguidos e animáronos a seguir mellorando no estudo, coñecemento e uso da lingua inglesa.
Acompañaron tamén aos alumnos neste acto, a coordinadora do PROGRAMA BEDA e os profesores nativos da actividade de inglés extraescolar, que realizaron a preparación dos exames celebrados no noso propio centro.
Os alumnos recibiron non só o diploma emitido pola Universidade de Cambridge, senón tamén o recoñecemento de todo o profesorado asistente polas súas excelentes cualificacións con 100% de aprobados.

CONGRATULATIONS TO ALL OF THEM!!!

 





@cole_remedios tweets