O MECO MANDA

  • 01 de febreiro de 2018

O MECO MANDA

Como todos os anos “o Entroido” chega ao noso colexio. Neses días de reviravolta onde os mandados pasan a mandar e os que mandan obedecen  unha figura terá o poder sobre todos nós.

O Meco dictará a orde diaria que deberemos cumplir, a ver que se lle ocorre?? O seu poder chegará ata o venres, día en que celebraremos o entroido no colexio, onde a imaxinación, a sátira, as cores … serán as protagonistas.

A figura do Meco pertence á unha lenda orixinaria de O Grove e fai referencia a una  persoa despótica que utilizaba o seu poder para humillar aos vecinos do pobo. Chegou un día que estes cheos  de carraxe ante tantos abusos decidiron tomarse a xustiza pola súa man e axustizárono.

Hai que agradecer á profesora e aos alumnos de Plástica de 4º ESO a súa magnifica labor na creación do Meco, grazas a todos eles teremos una semana para obedecer e ir preparando o noso espíritu para eses días en que todo xira e nada é o que parece.

Así as ordes que nos traladou o Meco son:

O luns 5, a cabeza debes tapar para frío non pasar.

O martes 6, para mañá martes se vés traerás a roupa do revés.

O mércores 7,  a gorxa traerás ben abrigada cunha fermosa  gravata.

O xoves 8, hoxe por min , mañá por ti traeremos todos un mandil.

O venres 9, representantes do entroido desfilarán e moito éxito terán.

O MECO MANDA E TODOS A OBEDECER!!

 

 





@cole_remedios tweets