3 DE ESO VAISE AO TEATRO: #CAMIÑOS

  • 05 de febreiro de 2018

3 DE ESO VAISE AO TEATRO: #CAMIÑOS

O pasado martes os alumnos de 3º ESO puideron desfrutar no Salón Teatro da obra #camiños da compañía teatral ButacaZero

ButacaZero e o Centro Dramático Galego (CDG) presentaron en Santiago a súa coprodución #camiños, que se estreou o xoves 25 de xaneiro no Salón Teatro. O espectáculo pode verse ata o domingo 28 de xaneiro na sede da compañía da Xunta de Galicia, onde o equipo do espectáculo ultima esta posta en escena desde o pasado día 15 como parte do programa En Residencia do CDG.

 # camiños é unha peza de teatro físico, poético e político coa que ButacaZero pecha unha triloxía sobre a memoria da que tamén forman parte as xa estreadas Voaxa e Carmín, que abordaba a memoria histórica, e Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior], a memoria individual. O que é a terceira montaxe desta nova compañía, creada en 2016, volve estar encabezada polo tándem Carrodeguas-Castiñeiras para levar ás táboas a memoria do pobo galego nunha proposta que xorde a partir dunha investigación sobre a multitude de aldeas abandonadas en Galicia.

O espectáculo analiza como ve a xeración dos millennials as súas raíces e reflexiona sobre o que queda do noso pasado e da nosa tradición no día a día, botando man de moi diferentes rexistros escénicos, como coreografías, teatro físico, bufón, música, playback, pasarela ou audiovisuais, entre outros. Cinco actrices serán as encargadas de poñela en escena (ademais de Esther F. Carrodeguas, Noelia Branco, Celina Fernández Ponche, Pía Nicoletti e Noa Covelo), para o que contan co vestiario ideado pola compañía e por Diego Valeiras, a iluminación de Javi Quintana, os audiovisuais de Fran X. Rodríguez e a escenografía de * Xavier Castiñeira. 

Información sobree a obra extraída da nota de prensa do Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia

Web da obra

https://caminos-butacazero.tumblr.com/

Entrevista á directora Esther Carrodeguas

Prema aquí 

 As Churrascas:  Adeus ríos, adeus fontes

 

 

 





@cole_remedios tweets