FESTIVAL ENTROIDO ESO

  • 09 de febreiro de 2018

FESTIVAL ENTROIDO ESO

Hoxe os rapaces e as rapazas da ESO participaron no festival do Entroido onde puidemos desfrutar da imaxinación e creatividade de todos eles.

Debido a unha convidada especial ( a chuvia que sempre nos acompaña) celebramos o festival no salón de actos. Amenizado polo presentador estrella e co DJ máis molón do planeta , cun xurado de luxo cheo de experiencia e con moito coñecemento sobre o talento.

Así comezou o festival coas actuacións a base de bailes, cantos e interpretacións. En distintas linguas e con espíritu crítico lembramos que o entroido non entende de fronteiras e ten no seu berce a crítica contra as inxustizas e contra aqueles que as provocan.

Tras o derroche de talento interpretativo pasamos a desfrutar do talento creativo dos distintos disfraces que traían os nosos artistas. Unhas ían en grupo outros de xeito individual e así decidiuse que habería premios para as dúas categorías. Aínda que houbo profesoras que ben puideron aspirar ao premio!!

Mentres a audiencia berraba as cancións que o DJ pinchaba o xurado deliberou para outorgar os premios e así, un ano máis , dar por finalizado o festival que non o Entroido. Isto só é o principio duns días cheos de ledicia e imaxinación. LUME!!!

 





@cole_remedios tweets