GALARDON NA CARREIRA PEDESTRE

  • 07 de novembro de 2017

GALARDON NA CARREIRA PEDESTRE

O pasado domingo 29 de outubro, como cada ano, e xa van uns cantos, os/as alumnos/as do noso colexio foron fieis coa cita da presente edición da carreira pedestre popular de Santiago, organizada como todos os anos polo diario “El Correo Gallego”.

Este curso 2017-18, non era unha carreira máis, xa que se celebraba a 40 edición. Corenta anos congregando a maiores, escolares, cun total de máis de 5000 corredores, fai desta carreira unha auténtica festa do deporte na nosa cidade.

Os aproximadamente 85 alumnos/as do noso centro que se inscribiron este ano, tomaban a saída na Avda de Xoan XXIII ás 11:30 dispostos a “saborear” eses 7000 metros do percorrido. Esperaban as rúas de Santiago  ateigadas de xente animando (familiares, amigos e público en xeral), un día fantástico para a práctica do deporte e unha chegada á meta nun marco incomparable como é a Praza do Obradoiro.

O “duro” percorrido  (coa xa mítica costa de Vite) esixía un esforzo que sempre vale a pena, pero e que ademais, si se consigue o 5º posto na categoría de centros escolares, ese esforzo vese amplamente recompensado .

Parabéns para os nosos valentes participantes que desde 5º de primaria ata 4º da ESO conseguiron este recoñecemento, un máis, que desde as primeiras edicións, fan que o colexio Nuestra Señora De Los Remedios, se converta nun clásico da nosa cidade,  tanto na participación, coma nos logros nesta xa  longa historia da Carreira Pedestre Popular de Santiago.

PARABÉNS MOZOS/AS!!!!





@cole_remedios tweets