PASARRÚAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

  • 10 de febreiro de 2018

PASARRÚAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Pese a que a mañá do venres 9 de febreiro ameazaba con chuvia,  os nenos e nenas de Ed. Infantil atrevímonos a plantarlle cara ao mal tempo aproveitando un momento no que o ceo parecía dar unha tregua e facer o noso tradicional pasarrúas de Entroido polos arredores do colexio con todos os familiares que quixeron acompañarnos.

Este ano decidimos ser máis artistas que nunca así que nos disfrazamos de cadros e sacamos un museo á rúa, con luces e todo!. Nel estaban as obras dalgúns dos mellores pintores e pintoras de todos os tempos, como Vincent Van Gogh, Claude Monet, Paul Gaugin, Salvador Dalí, Natalia Goncharova e Mary Cassat.

Coa elaboración deste disfrace non solo nos divertimos e puxemos en práctica as nosas mellores artes plásticas, si non que tamén aprendimos datos dos autores e autoras e os seus cadros.

Así que papás e mamás, non vos extrañedes si a próxima vez que vexamos na tele, en Internet, ou en algún museo obras como “La noche estrellada”, “Flores en los bancos del Sena”, “La persistencia de la memoria” ou “Perro en el jardín” vos sorprendemos recoñecéndoas, é que no cole ademáis de pasalo ben elaborando os disfraces tamén aprendemos moito!

 





@cole_remedios tweets