EDUCACIÓN INFANTIL VAI AO TEATRO

  • 03 de marzo de 2018

EDUCACIÓN INFANTIL VAI AO TEATRO

O pasado 28 de Febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de asistir no Auditorio ABANCA á representación da obra  A nena e o grilo nun barquiño.

Dita representación combinou música en directo, da man de Magín Blanco, con teatro a cargo da compañía Teatro dos Ghazafelhos.

Xunto coa nena e o grilo, protagonistas desta historia, puidemos gozar de tódalas cancións e acompañalos nunha viaxe incrible descubrindo o mundo a través de aventuras que inciden na solidariedade, o respeto pola natureza, a identidade e o cariño. Todo en língua galega con algúns toques de inglés.

A pesar de ter máis dunha hora de duración non se nos fixo nada longo, xa que o pasamos xenial con todas as andainas destes dous amigos e todo o que nos tiñan que amosar.

Esperamos poder volver ao teatro pronto porque nos gusta moito e foi unha experiencia marabillosa para todos, nenos/as e profes.

 

 

 





@cole_remedios tweets