BAILE DE ZUMBA EN PRIMARIA

  • 04 de marzo de 2018

BAILE DE ZUMBA EN PRIMARIA

 

Aproveitando calquera momento para bailar grazas a un profe moi especial os nosos alumnos moveron o esquelete a base de zumba.

 

O 22 de febreiro, día do bocadillo solidario, os alumnos de 4º, 5º e 6º, ademais de participar con moito entusiasmo na Campaña da fame de Mans Unidas e celebrar partidos solidarios de brilé e fútbol no Campus... Unímonos para bailar e festexalo cunha sesión de zumba! O profe Pablo animounos e guiábanos nas cancións. Foi unha sorpresa, porque non nolo esperabamos. A verdade, é que nolo pasamos moi ben e sóubonos a pouco, fíxosenos moi curto. Oxalá se repita pronto e non haxa que esperar outro ano.

 

 

 

 




@cole_remedios tweets