VISITA DAS MASCOTAS

  • 03 de abril de 2018

VISITA DAS MASCOTAS

Os nenos e nenas de 3 anos estamos traballando e aprendendo moito acerca dos animais e as súas características.

Con este motivo, quixemos invitar a aquelas familias que tiveran algunha mascota a que a trouxeran ao cole para coñecelas e descubrir máis cousas delas.

Tivemos a visita dunhas cadelas que se portaron moi ben e aguantaron pacientemente as caricias de todos, e eramos uns cantos!

As nosas mestras pensaban que algúns de nós lles teriamos un pouco de medo, pero o certo é que todos estabamos encantados con elas e nos animamos a saudalas.

Puidemos observalas, ver a súa cor, contar o número de patas que teñen, ver cómo era o seu pelo, e fixémoslle moitas preguntas aos seus donos como qué comen, onde durmen, a qué lles gusta xogar e ata preguntamos ónde ven a tele.

Esta experiencia gustounos moito así que lle damos as grazas aos papás e mamás que participaron e deixamos aberta a invitación por si hai máis familias que se queiran animar.

 

 

 





@cole_remedios tweets