EXCURSIÓN ASTURIAS-CANTABRIA 2ºESO

  • 10 de abril de 2018

EXCURSIÓN ASTURIAS-CANTABRIA 2ºESO

Saimos o xoves ás  8 da mañá coas nosas maletas cargadas de ganas de gozar. Tras tres horas de viaxe fixemos una pequeña parada de descanso.

Máis tarde chegamos a Oviedo onde tivemos unha visita guidada a Santa María del Naranco e San Miguel de Lillo (construcción prerrománicas onde destaca o sogueado asturiano). Despois xantamos nunha praza (ao carón de San Julián de los prados) onde puidemos desfrutar de tempo libre.

Tralo xantar  puxémonos en marcha camiño de Covadonga, onde visitamos osantuario que estaba nunha cova enriba dunha fervenza.  Finalmente reanudamos a marcha sobre as 19 cara o albergue onde nos hospedamos e antes de deitarnos pasámolo xenial con diferentes xogos  que plantexaron os monitores .

Á maña seguinte , xa preparados, dirixímonos ao Parque da natureza de Cabárceno onde vimos moitos animais e acudimos ao espectáculo dos leóns mariños. Despois de xantar  no  restaurante do parque o autobús levounos a visitar o museo e  a neocova de Altamira (onde tivemos un percance por tocar onde non debíamos). Tras esta visita fomos a Santilla do Mar onde tivemos tempo libre que aproveitamos para mercar souvenirs. Para acabar o día, despois de cear no albergue , tivemos a denominada  velada de discoteca onde bailamos e fixemos festa rachada.

O venres iniciamos o camino de regreso a casa pero durante a viaxe fixemos algunhas paradas como na Cova do Soplado e no Museo Xurásico de Asturias onde botamos unhas risas, tanto dentro como fóra xa que había un gran parque e foi o lugar escollido para xantar.

Sen dubidar cremos que a meirande parte de nós pensa que o mellor da viaxe foron as noites xa que o psasábamos xenial nas habitacións.

 

Xiana e Laura

 

 

 





@cole_remedios tweets