4º PRIMARIA VISITA O MUPEGA

  • 13 de abril de 2018

4º PRIMARIA VISITA O MUPEGA

O venres 13 de abril os rapaces e rapazas de 4º de Primaria tivemos una saída moi especial. Viaxamos ao pasado!

Preguntarédesvos  cómo foi posible….

Fomos ao MUPEGA, o Museo Pedagóxico  de Galicia, e alí estivemos nunha clase de principio de século, na que puidemos ver as diferenzas entre as aulas de agora e as de antes, e a verdade e que son moitas. Na aula tiñan obxetos que nunca viramos, coma un globo lunar e un esqueleto de peixe espada.

Despois fomos a una sala onde había moitísimos obxetos distintos aos  que hoxe en día usamos. Os berces, por exemplo, estaban ao carón do chan, e iso é porque fai anos os irmans coidaban aos máis pequenos, e necesitaban que o berce fora baixo para poder coller o meniño.

Os xoguetes tamén eran distintos, e moitos facíanse na casa dun modo artesanal, polo que case todos era de madeira e de trapo.

E antes de volver ao cole, tivemos a oportunidade de sentirnos coma nenos do pasado, xa que puidemos estar sentados nunha aula antiga e usar os materiais que alí había!

 

 





@cole_remedios tweets