3ºESO VISITA A LIBRARÍA COUCEIRO

  • 17 de abril de 2018

3ºESO VISITA A LIBRARÍA COUCEIRO

O 12 e o 13 de abril os rapaces de 3º de ESO desfrutaron de todos os mundos, persoas, historias, instrumentos ... posibles grazas aos libros. Visitamos a Libraría Couceiro.

 

Alí puideron observar como oslibros están organizados opr plantas e como en cada planta hai un bloque temático e dentro de ese bloque hai outras divisións temáticas. Aínda que a planta estrela foi a de literatura xuvenil , de vagar foron explorando as outras e abraiándose cos libros, algúns xa coñecidos e outros insospeitados como as biografías dos seus actores, temáticos dalgún aspecto que adoran ...

Dese descubrir foron chegando á planta onde observaron uns libros distintos, de xeito intuitivo deduciron  que aínda que eran "máis vellos" e peor conservados eran os máis especias. Pouco a pouco forn perdendo oo medo e consultáronos quedando extrañados polo tacto do papele a maquetación. Tamén cando comparaban o prezo ficaban aturdidos, non imaxinaban eles que podía custar tanto un libro.

Finalmente houbo unha explicación sobre a encadernación desas xoias que nos permiten viaxar no espazo, o tempo e noutras dimensións. Elas e eles quedaron boquiabertos cando souberon todo o proceso de creación da portada , de fiado das páxinas, da decoración dos lomos ... toda unha obra de arte e entenderon porque un libro restaurado ou encadernado de xeito artesanal ten tanto valor, o tempo que con tanto agarimo lle adican os artesáns a facelos. 

Queremos agradecer a atención e o trato recibido polas persoas que traballan na libraría Couceiro, un exemplo do benfacer e de amor por eses anacos de maxia chamados libros.

 

Para viaxar lonxe non hai mellor nave que un libro, Emily Dickinson

 

 

 

 





@cole_remedios tweets