VIAXE A PARÍS 4ºESO

  • 04 de maio de 2018

VIAXE A PARÍS 4ºESO

Esta é a historia dunha viaxe que nunca esqueceremos ...

Día 1

               Saímos as 9 a.m. da r/Rosa dirección ao aeroporto de Santiago; ese foi o único día no que todos chegamos puntuais. Ao chegar ao aeroporto facturamos as nosas maletas, pasamos o control de seguridade e embarcamos na derradeira aventura xuntos como alumnos do Colexio Nsa. Sra. dos Remedios. Tras 2h30min de avión por fin aterramos en París!. Acababa de comezar unha experiencia inolvidable. Collemos as nosas maletas e fomos ao autobús que nos levaba directamente a Versalles, nada máis baixar comezou a nevar e un pouco máis tarde entramos no Château Versailles. Que marabilla!! Canta historia gardan aquelas paredes!. No castelo de Versalles déronnos un mapa e cada un puido facer unha visita libre, pasámolo moi ben. Ao rematar, collemos de novo o bus e fomos ao hotel a descansar e a instalarnos nas  habitacións para finalmente rematar a xornada ceando  nun restaurante da rúa Rivoli. Logo paseamos á luz da lúa polos arredores do Louvre, e así puidemos ver as famosas pirámides iluminadas. Ás 11p.m. collemos de novo o metro e volvemos ao hotel para durmir, ese hotel no que cada día tiñamos a Rosita vixiando na porta da súa habitación e berrándonos só por respirar, e tamén a un Obama de metro noventa vixiando os corredores. Parecía unha escea propia de CSI las Vegas, e iso que era a primeira noite…! (como vedes facemos moitos amigos alá onde pisamos…).

Dia 2 

               Erguémonos sobre as 8:30 e baixamos a almorzar. Ninguén se esperaba eses croissants e esas napolitanas de chocolate; estaban deliciosos!!. Despois de darnos esa homenaxe para o corpo, fomos ás habitacións a rematar de asearnos e antes de coller o bus, fixemos unha guerra de neve na entrada do hotel, aínda que entre salto e salto con algún desgusto como o de Joaquín co seu móbil. Por sorte só quedou nunha anécdota simpática. Ao pouco  subimos ao bus  para facer unha visita panorámica por París cunha guía que nos foi mostrando os monumentos máis importantes  e tamén contándonos a historia da cidade, aínda que para ser sinceros, moito caso non lle fixemos co sono que tiñamos… .

               Na hora da comida cada un elixiu o lugar onde quería xantar e moitos optamos por sitios como o Burger king, MacDonalds … Cousa ben rara …, Ja, ja!!. Todos nós comemos na rúa Rivoli, unha das rúas máis grandes de París e ao rematar  quedamos  enfronte da ópera, dándonos calor uns a outros, porque si, facía MOITO, MOITO, FRÍO!!. Logo dirixímonos á nosa próxima visita, ao Sacre Cœur, barrio dos artistas, Moulin Rouge …, e aproveitamos para facer compras por alí, claro que  algún como o noso compañeiro Gabriel non gardará bo recordo porque foi “timado” nunha creperie, e aínda que Carla, como non, intentou solucionar o problema, este non se amañou de todo… .  Penso que Gabriel segue esperando a que lle devolvan os 5 euros …, jajaja .

Pola noite volvemos ir ao noso restaurante buffet Rivoli e de novo volta ao hotel. E quen estaba alí agardando coa espada en alto e con gañas de pelexa?. Pois si, dona Rosita, a profesora madrileña que acompañaba  a un grupo de alumnos. Á boa da muller non lle abondaba con facerse cargo dos seus que tamén quería gobernar en nós, pois si que a levaba clara cos galegos e se non que lle pregunten ao profesor Viti, o noso heroe!!

DÍA 3

             Esta xornada foi unha das máis especiais para todos, e tamén na que máis tivemos que madrugar. Ás 6:30 a.m. en pé!!. Pero non nos importou moito porque ese día tocaba Disneyland. Pasámolo xenial e non paramos en todo o día. Bueno,ejem….Houbo quen non estaba nas mellores condicións por mor do frío e dos arrefriados.  Menos mal que Yolanda, farmacéutica de pro, sempre vai acompañada dunha caixa de medicamentos… . Algún día eses vídeos sairán á luz, jajaja . 

Despois de todo o día subindo e baixando das atraccións, rematamos cun espectáculo  incrible no Castelo. Mentres uns atendían a este espectáculo outros falaban “amigablemente” cuns andaluces “moi simpáticos”, jeje … .

Fin da xornada!. No autobús aproveitamos e moitos botamos unha cabezadiña de camiño ao hotel. Ao chegar todos ou case todos, caemos rendidos nas camas. A durmir!!.

Dia 4

             O penúltimo día en París levantámonos algo tristes pensando que xa todo ía rematar. Ese día pola mañá fomos ao museo de Orsay e aínda que algúns de nós estabamos mortos de sono, non deixamos de ver algunhas das mostras pictóricas máis importantes do século XX. Unha das pinturas que máis nos gustou foi o retrato de Vicent Vang Gogh. Os  profes, que sabían do noso cansazo, motiváronnos cunha xincana e coa promesa dun premio. Cando rematamos a visita ao museo fomos xantar e despois collemos o barco para dar un paseo polo río Sena onde o pasamos moi ben. Para rematar o día quedaba chegar á torre Eiffel. Nada máis chegar pasamos os controis e subimos ata a planta segunda, era impresionante. Que vistas!.

E finalmente, ao hotel, onde coma sempre nos estaba esperando o noso amigo vixiante Obama, pero non Rosita que decidira que cos galegos non se pode!!.    

DIA 5

               O noso derradeiro día en París. Que depre nos entrou ao pensar que a excursión que levábamos tempo agardando xa remataba. Ese día pola mañá fomos a ver a catedral de Notre Dame e tamén nos deron tempo libre para ir de compras antes de saír cara  ao aeroporto de Orly. Xa no aeroporto e pasados todos os controis vimos nas noticias que había folga de controladores aéreos nos aeroportos de París, iso significou o retraso do noso avión unas 2h ou 3h, ata nos deron a cea gratis no aeroporto. Cando collemos o avión estabamos todos mortos de sono e moitos de nós aproveitamos para durmir no voo e no autobús de volta a Santiago. Que frío pasamos no autobús, o condutor debía estar ben acalorado sen dúbida!! Ao chegar a Santiago as nosas familias xa nos estaban esperando na Rosa sobre as 3 da mañá. Por sorte ao día seguinte non nos fixeron ir a clase; menos mal!.

         Queremos agradecer ao colexio esta oportunidade, de maneira especial aos nosos profesores Viti, Yolanda e Carla por acompañarnos, coidarnos e facer desta viaxe unha aventura inolvidable chea de risas e moito amor… E por eses momentos no metro que mellor nin contar.

PARIS 18-23 MARZO 2018

SARA GARCÍA CÁNIVE

 

 





@cole_remedios tweets