UN PULMÓN PARA SANTIAGO

  • 08 de maio de 2018

UN PULMÓN PARA SANTIAGO

Os alumo@s de 4ºde Primaria fixemos unha visita á Cidade da Cultura de Galicia cun motivo moi especial, prantar  árbores. 

Deste xeito colaboramos na construcción do Bosque de Galicia que encherá de árbores as ladeiras do monte Gaias. Cada árbore que prantamos está “bautizada” por nós, así que cando medre poderemos recoñecela e estar orgullosos da nosa contribución para crear este gran espazo verde.

Alí contamos coa axuda duns monitores e monitoras, que ademáis de guiarnos para saber como debiamos de plantar correctamente, contounos moitas cousas a cerca deste “pulmón” que teremos na nosa cidade de Santiago. Ahí vai un breve resumo!:

“A Xunta de Galicia puxo en marcha en agosto os traballos da II Fase do Bosque de Galicia, un proxecto que suporá a ampliación en dez hectáreas e 4500 árbores de especies autóctonas da superficie verde que se está a plantar nas ladeiras do Gaiás, ao redor da Cidade da Cultura.

Cando se rematen, o Bosque de Galicia contará cunha superficie total de 34 hectáreas e preto de 12.000 árbores novas, que se suman ás existentes antes de iniciarse o proxecto. O resultado será unha ampla alfombra verde destinada ao ocio ao aire libre de todos os galegos e un pulmón ecolóxico cun impacto positivo sobre o metabolismo medioambiental de Santiago.

A segunda fase prevé tamén a construción de dous novos quilómetros de sendas, que se suman aos 3,2 construídos. Deste xeito, o bosque contará con cinco quilómetros de sendas cun sistema de iluminación de baixo consumo que permitirá o seu uso en horario de pouca luz natural. Ademais, haberá áreas de descanso e unha terraza con vistas sobre Santiago.

As novas sendas facilitarán o acceso peonil desde o Sar ate a Cidade da Cultura, desembocando no entorno do museo, do Xardín Literario e das Torres Hejduk. Acurtarase, polo tanto, o tempo daqueles que desexen achegarse a pé. O proxecto inclúe tamén o que será o acceso principal ao Bosque de Galicia a través da rúa Diego Bernal.”

 

 




@cole_remedios tweets