AVÓS DA A Á Z NA RESIDENCIA DOMUS Vi

  • 11 de maio de 2018

AVÓS DA A Á Z NA RESIDENCIA DOMUS Vi

O pasado luns gozamos dunha historia marabillosa que contarvos:, comeza así ...  

Chegamos ao cole moi emocionados xa que levamos uns días preparando unha saída especial. No noso concello , preto de nós hai unha Residencia de Maiores  e fomos a visitala… A visita debeuse a que levamos uns días traballando, nós na escola e os avós na Residencia, co libro “ Abuelos de la A a la Z”, no que aparecen as descripcións de todos os avós que nos poidamos imaxinar! O avó Peter Pan, o avó xogos de mesa, o avó gym … e así ata máis de cincuenta tipos distintos.   

Ao chegar esperábanos Mónica, a animadora do centro, e os avós caracterizados coma os do libro. Nós tiñamos que adiviñar cal era cada un. Para elo dividímonos en equipos de cooperativo e despois de debatir, os secretarios de cada grupo íamos anotando  nunha ficha o nome do avó que creiamos que correspondía ao que estábamos a ver.

 O xogo resultounos moi doado porque tiñamos as descripcións dos avós moi traballadas,  ademais, podiamoslle facer  preguntas, polo que se tiñamos alguna dúbida xa nos quedaba disipada. Case todos os equipos acertamos todos os avós!!!

 

 

 

 




@cole_remedios tweets