SEMANA CULTURAL EDUCACIÓN INFANTIL

  • 18 de maio de 2018

SEMANA CULTURAL EDUCACIÓN INFANTIL

Como xa é tradición no colexio, a semana das Letras Galegas celebramos tamén a semana cultural, con actividades diferentes coas que aprendemos moitas cousas da nosa cultura e do noso entorno e tamén nos divertimos.

Comezamos o luns con unha visita á Catedral de Santiago, unha das nosas riquezas que ademáis está moi pretiño do colexio.

Saímos con moita ilusión pero como ameazou con chuvia tivemos que volver ao cole antes do esperado.

O martes asistimos a unha sesión de contacontos moi especial. Unha entrenadora de paxaros que perdera os seus paxariños e andaba a buscalos polo colexio contounos unha historia de dous cans, un chamado Nicolau e outro chamado Correcamiños. Este conto estaba baseado no poema “Can branco, can negro”, incluído no libro “Eu conto ti cantas” de Mª Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2018.

O mércores descubrimos onde estaban os paxariños, nas nosas aulas! Realizamos un taller de manualidades na que fixemos uns paxariños coma os do conto.

Pola tarde celebramos as Letras Galegas con todos os cursos de primaria no patio do cole con bailes, música, pregón e himno.

O venres tivemos unha estupenda mañá na Granxa do Xesto, na que por fin o tempo nos acompañou e puidemos disfrutar da primavera, da natureza, dos columpios e dos amigos.

Foi unha semana xenial e pasámolo moi ben.

 





@cole_remedios tweets