PRESENTÁMOSVOS A PORFÍN

  • 01 de xuño de 2018

PRESENTÁMOSVOS A PORFÍN

Porfín é a primeira cría de codorniz nacido hoxe no colexio!

 

Os nenos de 4 anos estivemos este trimestre totalmente enrolados no proxecto: A Granxa. Tomámonolo tan en serio que non só coidamos as plantas da nosa horta, senón que tamén fixémonos cargo dos coidados que conleva unha incubadora chea de ovos.

Durante todo este tempo aprendemos o importante que é manter os niveles de humidade, a temperatura axeitada, 37,7 ºC, así como tamén pulverizar os ovos nos últimos días para abrandarlle a cáscara e así facilitarlles o nacemento. E incluso nos encargamos de voltealos dúas veces ó día, unha pola mañán e outra pola tarde.

Temos que agradecerlles a Sor Sagrario e á profe Ana a súa colaboración con nós as fins de semana, xa que o labor dos granxeiros non ten días libres.

Todos estabamos espectantes, algúns incluso un pouco escépticos tras un primeiro intento errado. Pero desta volta, volvémolo intentar con máis ganas aínda e… EURECA! Agora xa sabedes o porqué o bautizamos así!

 





@cole_remedios tweets