CONVIVENCIAS DO ALUMNADO DA ESO

  • 30 de setembro de 2018

CONVIVENCIAS DO ALUMNADO DA ESO

Nestas semanas os distintos cursos da ESO puideron gozar dunha saída de todo un día a distintos destinos.

Durante a mañá os rapaces realizaron distintas actividades onde puideron cohesionarse como grupo, acoller mellor aos novos compañeiros e profundizar no valor que temos este ano: a esperanza.

Pola tarde os grupos foron a distintos lugares espectaculares como o mirador de A Curota, A Pobra do Caramiñal,Noia, o castro da Baroña. Así mesturando natureza e patrimonio visitaron montaña e mar, cultura castrexa e románica e ademais houbo visita sorpresa para os afortunados que pararon en Noia.

Non todo se aprende na aula. Aprender e gozar teñen moito en común e por iso  dende o colexio pensamos que estas saídas son necesarias para desenvolver valores e habilidades socias e para que os nosos alumnos medren cunha educación integral, de interioridade, respecto por se mesmos, polos demais e polo medio ambiente.

 





@cole_remedios tweets