CELEBRACIÓN DE SAN VICENTE

  • 05 de outubro de 2018

CELEBRACIÓN DE SAN VICENTE

O pasado xoves celebramos con toda a ledicia o día de San Vicente de Paúl. Fundador dos Paúles e cofundador, xunto a Luisa de Marillac,  das Fillas da Caridade e guía dun camiño que seguimos transitando .


 

 

Un camiño que leva  a axudar ao máis necesitados e incidir sobre todo nos nenos, sementes do futuro , para inculcarlles o espíritu vicenciano e axudar a crear un mundo máis xusto, cos mesmos dereitos para todas as persoas.

Para celebrar este día tan importante, os distintos cursos escolleron cadanseu lema e portaron unha das letras da palabra ESPERANZA mentras extendían unha cor no chan do patio, así simbolizamos que todos somos distintos pero formamos un só mundo, como as distintas cores forman  o arco da vella,  e que temos que aprender a respectarnos.

Todos os nenos e nenas, profesores e Fillas da Caridade compartimos este momento onde confluiron o pasado coa figura de San Vicente, o presente que somos todos nós e o futuro que representan os  nenos e nenas , un futuro representado con cores e ledicia que esperamos construamos entre todos.

 

FELIZ DÍA DE SAN VICENTE!!

 

Biografía de San Vicente

 

 




@cole_remedios tweets