4º ESO VAI AO TEATRO-CIRCO

  • 17 de outubro de 2018

4º ESO VAI AO TEATRO-CIRCO

 

Onte os alumnos de 4º de ESO asistiron no Salón Teatro a unha auténtica novidade na adaptación da obra de  Méndez Ferrín,  Arnoia, Arnoia.

A obra, Arnoia, Arnoia o Circo da Casa Pequena dirixida por Quico Cadaval e interpretada pola compañía Pistacatro mestura o teatro coas artes circenses: danza aérea, malabares, acrobacia ,... Foi un día de mesturas, xa que o propio Ferrín  utiliza a mestura para falarnos como dos desastres da guerra quizais sexa a fantasía e a nosa imaxinación a que nos pode rescatar da barbarie e da intolerancia. O xenial autor estivo presente sendo un abraido máis entre o público

Mais non só a fantasía é de utilidade ante a adversidade, o aprender a confiar nos descoñecidos, tamén a dubidar dos que pasan por amigos , a respectar a natureza e ao mundo animal, cheo de sabiduría ambolos dous. Asistimos tamén a necesidade de  encherse de coraxe e comprobar que a desigualdade é o berce das inxustizas e estas a súa vez son o nacemento da intolerancia e o uso de forza contra os máis débiles.

Unha obra profunda que outra mestura nos axuda a levar cun sorriso nos beizos, esta vez da man do humor, con momentos clown que nos aprenden que o humor  tamé é táboa de salvación ante situacións tan escalofriantes.

Cun elenco de actores e actrices marabillosos, tanto na interpretación como na execución dos números circenses só quedou acompañar a Nmógadah no seu periplo, cheo de lugares e personaxes impactantes , de volta a Arnoia.

Páxina web da compañía Pistacatro

 

 





@cole_remedios tweets