VISITA DA POLICIA A 4º DE PRIMARIA

  • 30 de outubro de 2018

VISITA DA POLICIA A 4º DE PRIMARIA

Hoxe os nenos e nenas de 4° de Primaria recibiron nas aulas a visita da Policía Local de Santiago para falarlles sobre Educación Viaria.

Tras a explicación, saíron ás rúas da cidade para poñer en práctica o aprendido como cruzar pasos de peóns de forma segura e responsable ou respectar sinais de tráfico. O percorrido finalizou nas dependencias da Policía Local, onde lles explicaron as principais funcións que levan a cabo e ensináronlles diverso material utilizado pola Policía no seu traballo diario.

 





@cole_remedios tweets