INFANTIL DESCOBRE A ALAMEDA

  • 16 de novembro de 2018

INFANTIL DESCOBRE A ALAMEDA

Baixo un sol de outono espléndido, os nenos e nenas de Educación Infantil saímos do cole moi contentos rumbo á Alameda de Santiago para disfrutar dos encantos que ten esta estación.

No primeiro tramo do noso paseo puidemos observar alguna árbores do paseo central, as follas que caían no chan e que estaban sendo recollidas polos barrendeiros e os patos dos estanques.

Logo chegou o turno de divertirnos xogando cos amigos e amigas e de correr entre as follas, tocalas e lanzalas.

Despois dun descanso para merendar, continuamos o noso paseo pola zona da Ferradura, onde están as árbores máis fermosas deste parque, e onde puidemos comprobar que é certo eso que nos contan as mestras nas clases de que as follas no outono se visten de laranxa, amarelo, vermello e marrón.

Voltamos ao cole un pouco cansos pero moi satisfeitos.

 

 





@cole_remedios tweets