Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria do Colexio Nosa Señora dos Remedios, tivemos a oportunidade de asistir ao concerto didáctico en directo de Fetén Fetén.
Grazas a obra puidemos facer un percorrido polo mundo e pola historia a través dos instrumentos e das melodías.
Nunca viramos instrumentos tan creativos, divertidos, orixinais e feitos con materiais reutilizados coma o mandocubo, a silla flauta ou o basuri.
Xa nos deron moitas ideas para estes días festivos, como aprender a tocar unha serra, unhas culleres con unha tixola ou facer unha guitarra cun cartón de leite.