CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

  • 17 de decembro de 2018

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Un ano máis a comunidade do colexio abraza a axuda aos máis necesitados nestas datas tan especiais.

Asi, dende cada aula, o profesorado canalizou a colaboración das familias. Cada curso achegou un tipo de alimento e entre todas as persoas conseguimos que cada gran de area se convertira nunha montaña de ilusión na rapazada e nunha axuda para as persoas máis golpeadas pola inxustiza e a indeferenza da sociedade. O destino  dos alimentos será a cociña económica que durante tanto tempo coida desas persoas e da un pulo a abrir  a esperanza no futuro, non só dos que precisan levar alimento á sua boca senón en todas as persoas que soñamos cun mundo máis xusto

 





@cole_remedios tweets