COMUNIDADE EDUCATIVA E MERCADILLO SOLIDARIO

  • 21 de decembro de 2018

COMUNIDADE EDUCATIVA E MERCADILLO SOLIDARIO

O xoves 20 de decembro celebramos o día da COMUNIDADE EDUCATIVA completamente representada por comunidade de fillas da Caridade, claustro de profesores, alumnos, exalumnos, familias, persoal de administración e servizos e AMPA que tamén organizou varias actividades para os alumnos.

 

Todos compartindo una tarde baixo un mesmo denominador común: A nosa SOLIDARIEDADE con proxectos educativos de Misións Vicencianas.  

As actividades realizadas foron: 

  • 17 h: “Mercadillo Solidario”,  con produtos elaborados artesanalmente, alimentos e doces diversos, e obxectos variados e obradoiro de manualidades na galería. Os beneficios irán destinados aos proxectos misioneiros do colexio: tres bolsas de estudo de nenos que temos apadriñados en Guinea Ecuatorial e Madagascar. A recaudación foi cercana aos 1200 euros. Grazas pola vosa colaboración.
  • 17:15 h: Sesión de Contacontos na biblioteca.
  • 18 h: Eucaristía de Nadal, preparada polos alumnos e claustro do colexio. É a festa de toda a Comunidade Educativa, polo tanto facemos unha invitación a todos. Ao rematar a celebración, cantarase unha panxoliña na Igrexa, preparada por Brais e algúns profes, nais e pais do colexio.
  • 19 h: Reapertura do “mercadillo solidario”.
  •  19 h: Música en directo de Dj Moncho no Salón de actos.
  • Convivencia fraterna e chocolatada a cargo da ANPA e COLEXIO para rematar.

Celebramos así a nosa festa do Nadal e foi todo un éxito!. Boas festas e mellor 2018 a todos!

 





@cole_remedios tweets