4º ESO PARTICIPA NO LVDI COMPOSTELLANI

  • 22 de xaneiro de 2019

4º ESO PARTICIPA NO LVDI COMPOSTELLANI

Os alumnos de 4°ESO dende a asignatura de Latín coa profesora María Díaz, participan na mañá de hoxe na cuarta edición dos Lvdi Compostellani na Facultade de Filoloxía, organizados pola SEEC Galicia en colaboración coa USC.

Actividades e obradoiros de cultura clásica en cociña, escritura moda, grafitos pompeianos, danza grega e xogos, incluíndo ademais hoplitas e escritura latina e grega. Nesta ocasión participan no obradoiro de escritura grega e latina.

O programa completouse cunha exhibición, ás 12.00 horas mo salón de actos da Facultade, de lexionarios romanos a cargo do Club Falcata de Vigo.

Un xeito diferente e moi instructivo de dar clase de latín.

 





@cole_remedios tweets