APROXIMACIÓN Á MÚSICA ELECTROACÚSTICA 2ºESO

  • 29 de xaneiro de 2019

APROXIMACIÓN Á MÚSICA ELECTROACÚSTICA 2ºESO

O pasado luns 21 de Xaneiro os alumnos e alumnas de 2º de ESO tivemos a oportunidade de acudir a un concerto ben curioso dentro da materia de música.

Tratouse dun evento que achegaba a tecnoloxía e a electrónica ao mundo acústico da percusión, é dicir, ELECTROACÚSTICA. Da man do polifacético Roberto Oliveira, reputado músico galego, descubrimos distintos xeitos de mesturar sons e imaxes e desfrutamos coa  súa extraordinaria habilidade coa batería ou co vibráfono. Todo isto no incomparable marco do Teatro Principal de Santiago.

Shows coma este axúdannos a ter una visión máis completa, global e aberta ante o arte… e que sexan moitos máis!

 





@cole_remedios tweets