BOCADILLO SOLIDARIO

  • 07 de febreiro de 2019

BOCADILLO SOLIDARIO

Como todos os anos o alumnado da ESO participou no "bocata solidario". Actividade para concienciar na axuda ás persoas que máis o precisan.

Durante a semana houbo momentos para a concienciación na aula do que Eduardo Galeano deu a chamar " a ánima dos pobos" é dicir, a solidariedade coas persoas máis necesitadas. Tras a aportación, destinada a Mans Unidas, feita por todos os participantes hoxe tocou desfrutar dun xantar común cos compañeiros e profesores. 

Os alumnos de 1º ESO gozaron da alameda mentras os alumnos de 2º e 3º degustaron os seus bocatas na Praza da Quintana e 4º de ESO na Praza do Obradoiro.

Por un mundo máis solidario, os nosos alumnos téñeno claro!!

 




@cole_remedios tweets