APRENDIZAXE SERVIZO 4º ESO SWI MICROMUNDO 2019

  • 05 de abril de 2019

APRENDIZAXE SERVIZO 4º ESO SWI MICROMUNDO 2019

Os alumnos de 4º de ESO da materia de Bioloxía participan no acto de clausura do proxecto SWI no salón noble de Fonseca. Tanto o colexio coma cada uns dos alumnos recibían un diploma acreditativo pola participación neste programa de aprendizaxe servizo organizado pola Facultade de Farmacia da USC.

Ademais de varias charlas de relevante contido científico en torno á resistencia bacteriana, foron expostas as conclusións do seu traballo realizado no laboratorio do colexio. Coa satisfación do  traballo ben feito o colexio colle pulo para seguir adiante traballando deste xeito: aprendendo á vez que se presta un servizo á comunidade. Parabéns rapaces!

 





@cole_remedios tweets