OS ALUMNOS DE 4º ESO SON VOLUNTARIOS NA COCIÑA ECONÓMICA

  • 29 de marzo de 2019

OS ALUMNOS DE 4º ESO SON VOLUNTARIOS NA COCIÑA ECONÓMICA

Alumnos de 4° ESO, acompañados de profesorado do colexio, achéganse ao mundo do voluntariado. Adican parte do seu tempo de lecer a botar unha man á comunidade de FILLAS DA CARIDADE da cociña económica.Vivencias, dar sen recibir nada a cambio, experiencias fóra das aulas, tan grandes como fermosas. Porque cremos que este é un bo xeito de construír persoas íntegras.

 





@cole_remedios tweets