Hoxe fomos ao Centro Don Bosco a participar nuns talleres da Campaña de Sensibilización : A nena que daba pasos.
Alí puidemos reflexionar e percatarnos de que non todos os nenos teñen tanta sorte coma nós; algúns vense obrigados a abandoar os seus fogares, os amigos, o colexio…
Tamén falamos de cómo podemos tratar aos compañeiros que veñen novos ao colexio para que se sintan ben dende o primeiro día!
Tras rematar o taller tivemos tempo de xogar un pouco e tomar a merenda para repoñer forzas antes de voltar ao colexio.