PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL ECOLÓXICO DA CADENA COPE

  • 05 de maio de 2019

PREMIADOS NO CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL ECOLÓXICO DA CADENA COPE

Tres alumnos do colexio resultaron premiados no 5º Concurso infantil de debuxo ecolóxico, organizado pola Cadena Cope Santiago. A entrega de Premios, 12 en total, realizóuse en Área Central o venres ás 19 horas.

Alicia (2º premio de 3º primaria) , Brais (1º premio de primaria) e Alejandra (2º premio de 5º primaria) resultaron elixidos polo xurado de entre os 700 participantes de primaria dos diversos centros de Santiago. Parabéns aos artistas premiados e a todos os nenos e nenas do colexio que participaron.

Nos seus debuxos o coidado do medioambiente e as mensaxes son os protagonistas. O obxectivo, promocionar os valores medioambientais a través do debuxo e lograr a implicación dos centros educativos que incorporan este traballo ás súas clases para falar da importancia do coidado do noso entorno.

 




@cole_remedios tweets