XORNADAS CULTURAIS 2019

  • 13 de maio de 2019

XORNADAS CULTURAIS 2019

Comeza unha semana diferente, celebramos a nosa cultura, as nosas letras!. Con tal motivo estes días de xornadas culturais están cargados de eventos. Saímos das aulas para aprender, se cabe, aínda máis, porque a arte, descubrir a nosa cidade, a ciencia, as nosas tradicións… absolutamente todo, son CULTURA!

Non tedes máis que botar unha ollada ás nosas axendas porque dende infantil ata os maiores do colexio temos unha chea de actividades culturais que iremos compartindo a base de instantáneas!

Remataremos o xoves conmemorando as nosas Letras, este ano tendo moi presente a figura de D. Antón Fraguas, celebrarémolas coa lectura dun manifestó e a entrega floral a Rosalía de Castro na alameda.

De seguro imos desfrutar todos moito! 

 





@cole_remedios tweets