ENTREGA DA RECADACIÓN DO MERCADILLO SOLIDARIO

  • 26 de xuño de 2019

ENTREGA DA RECADACIÓN DO MERCADILLO SOLIDARIO

Hoxe fixemos entrega da recaudación do mercado solidario á asociación Asanog (nenos oncolóxicos de Galicia).
 

A recaudación total ascendeu a 2.200 euros. Estamos todos encantados e emocionados.
Queremos agradecer a todas as persoas que o fixeron posible, aos nenos que ca súa alegría e ilusión consiguen que calquer reto sempre chegue a bó porto, aos profes, ao persoal do cole e papás, pola súa aportación voluntaria e ánimo.
Aos seus compañeiros doutros cursos, que cederon voluntariamente algúns dos seus traballos para poder vendelos. A radio que se interesou polo que estabamos a facer.
En definitiva a todas aquelas persoas que pasaban por diante do cole e parábanse a escoitar a uns cativos que poñían todo o seu empeño en explicar o motivo de por que estaban alí, incluso as veces coa dificultade do idioma; pero sobre todo a asociación Asanog, que está ahí axudando aos nenos e aos pais que están pasando por un momento delicado nas súas vidas.
Grazas, moitas grazas por tender unha man amiga.

 





@cole_remedios tweets