SEMANA DE CONVIVENCIAS NA ESO

  • 18 de outubro de 2019

SEMANA DE CONVIVENCIAS NA ESO

Esta semana todo o alumnado da ESO puido desfrutar das convivencias coa compañia imprescindible de Jose Luis.

As instalacións da Arnela de Cáritas foron o lugar onde dende o luns e ata o xoves os grupos da ESO puideron desfrutar dun lugar  privilexiado: a praia da Arnela. Así dende este balcón á ría de Muros-Noia con Monte Louro ao fondo Jose Luis fixo de mestre de ceimonias facilitando os dintintos grupos con imaxinativas dinámicas que permitiron aos rapaces profundizar no seu interior e poder expresar parte deses pensamentos aos demais o cal favorece ao grupo para coñecer mellor ás persoas que o forman. Así ao longo de xogos, cancións, celebracións, de bocadillos compartidos e moitas anécdotas profesores e alumnos foron coñecendose un pouco máis e confirmouse esa idea de que somos máis cunha etiueta, que todos temos moito que achegar aos demais e que todos nos beneficiamos de compartir.

Pola tarde as experiencias foron distintas, dende coñecer o dolmen de Axeitos ata coñocer o museo Marea de Porto de Son para poñer como colofón cultural a unha xornada estupenda e enriquecedora. Na semana a chuvia foi fiel acompañante , ainda que uns días máis que outros. Neste ranking hai que destacar ao grupo de 3º ESO os cales o mércores tiveron chuvia para todo o ano. Ainda así , todos o pasaron xenial. Non queremos reatar esta crónica sen agradecer ao noso sevillano favorito, Jose Luis, por guiarnos e traernos ese optimismo e bo humor. Sabes que sempre serás benvido.

 





@cole_remedios tweets