A golpe de MOVE YOUR BODY EVEREY EVERYBODY chegaron as bruxas, pantasmas e demais.
Para comezar movemos o esquelete ao ritmo marcado polo profe Pablo, logo unha nena un pouco rara contounos un conto moi divertido de pantasmas e xa pola tarde coa axuda das mestras e mestres baleiramos unha cabaza e pintámonos.
E para ter un recordo deste día levamos para a casa unha manualidade.
Pasámolo de medo!