PATINANDO QUE É XERUNDIO

  • 18 de decembro de 2019

PATINANDO QUE É XERUNDIO

Hoxe os alumnos de 4º da ESO tivemos a nosa cita anual coa pista de xeo.

Desde a materia de Educación Física e despois dun trimestre convertíndonos nuns expertos sobre patíns, non había mellor xeito de rematalo que deslizándonos pola pista de xeo de Área Central.
Frío, auga e algunha que outra “cuada” non nos impediron gozar ao máximo desta experiencia.
Gran colofón antes de facer un alto no camiño coas vacacións de Nadal deste curso, o noso último no cole.

 

 

 





@cole_remedios tweets