PREMIO NO IX FESTIVAL DE PANXOLIÑAS DE ESCOLAS CATÓLICAS

  • 18 de decembro de 2019

PREMIO NO IX FESTIVAL DE PANXOLIÑAS DE ESCOLAS CATÓLICAS

Escolas Católicas de Galicia organiza, con motivo do Nadal, un Festival de Panxoliñas, con dupla finalidade: salientar primordialmente entre os alumnos e familias dos seus colexios o significado relixioso do misterio de Xesús feito neno e, por outra banda, promover os cantos de Nadal, tan típicos da nosa cultura, en idioma galego.

Os nosos alumnos de 5° e 6° de primaria quedan clasificados co PREMIO Á ORIXINALIDADE na IX edición do festival cos seus mellores ritmos africanos acoplados á mellor letra:
Ai meu rei, cómpre ser feliz nesta terra.
O festival tivo lugar o venres 13 de decembro no salón de actos de La Salle. Foi unha experiencia fantástica subirse ao escenario para atoparse cun auditorio cheo de xente. PARABÉNS a alumnos e ao seu mestre Brais.

Xa podedes escoitar na páxina web a actuación no festival.

 

 




@cole_remedios tweets