SEMANA DE CONVIVENCIAS ESO

  • 14 de novembro de 2017

SEMANA DE CONVIVENCIAS ESO

Como todos os anos o alumnado da ESO realizou a saída de convivencias. Este ano os catro cursos tiveron unha experiencia espititual, agraria e artística.

O martes marchou 3º e 4º, o mércores2º e o xoves.1º de ESO. A xornada comezaba coa chegada á"Raíña", unha casa de ensoño froito dun soño dun neno de catro anos chamado Victor. Alí os nosos alumnos preguntáronse sobre os seus propios sonos e puideron coñecer a Victor o cal lles ensinou que os sonos se cumpren aínda que poden tardar un pouco.

Despois dirixímonos á granxa-escola onde puidemos aprender sobre agricultura ecolóxica e tamén mancharnos as roupas e mans , é quer os froitos non saen sós!!! Así, axudamos a plantar, recoller sementes e a sachar.. Un proxecto marabillosos baseado no servizo , tanto as persoas como ao medio ambiente.

Tras un merecido xantar, dirixímonos a Sobrado para visitar o seu espectacular mosteiro. Alí agardábanos o pai Lourenzo que nos atendeu, explicou e amosou todos os segredos do mosteiro. Puidemos ver os claustros, cociña, sala capitular e a Igrexa xunto coa sacristía. Todo un derroche de románico acompañado de gótico para rematar co barroco da fachada.

Tras un longo pero entrañable día volvemos á Santiago cargados de terra, arte e algún soño que estaba por nacer.

 





@cole_remedios tweets