TEATRO NO AUDITORIO ABANCA

  • 15 de novembro de 2017

TEATRO NO AUDITORIO ABANCA

O pasado día tres de novembro os alumnos e alumnas de cuarto,quinto e sexto curso de Educación Primaria asistiron ao auditorio de Abanca para ver a obra de teatro “ Laberinto”.

“Laberinto” ten como finalidade transmitir aos máis pequenos a importancia dunha correcta xestión da economía no fogar e como as súas accións poden ter un papel importante para a mellora do aforro familiar, así como a conciencia de realizar un consumo responsable.

A obra correu a cargo da compañía teatral Zarándula, e os actores protagonistas foron María Martínez-Losa, Rubén García e Alejandro López.

Foi una mañá diferente,chea de aprendizaxe, divertimento e disfute, valorada moi positivamente  polos propios alumnos.

 

 





@cole_remedios tweets