O pasado día tres de novembro os alumnos e alumnas de cuarto,quinto e sexto curso de Educación Primaria asistiron ao auditorio de Abanca para ver a obra de teatro “ Laberinto”.
“Laberinto” ten como finalidade transmitir aos máis pequenos a importancia dunha correcta xestión da economía no fogar e como as súas accións poden ter un papel importante para a mellora do aforro familiar, así como a conciencia de realizar un consumo responsable.
A obra correu a cargo da compañía teatral Zarándula, e os actores protagonistas foron María Martínez-Losa, Rubén García e Alejandro López.
Foi una mañá diferente,chea de aprendizaxe, divertimento e disfute, valorada moi positivamente polos propios alumnos.