ESTREANDO TABLETS

  • 27 de novembro de 2017

ESTREANDO TABLETS

Esta semana, os nosos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria estrearon as novas tablets do colexio para facer un traballo de Ciencias Sociais.

 

Son unha ferramenta fantástica para buscar toda a información que necesitan para completar esta apaixonante tarefa. O traballo consiste na planificación dunha viaxe en coche por Europa. Nel, os alumnos e alumnas, en grupos cooperativos, deberán “visitar” polo menos cinco capitais europeas, achegando información relevante, a modo de guía de viaxe, de cada unha desas cidades e dos países aos que pertencen, por exemplo: sistemas montañosos polos que pasarán, ríos, lagos e parque naturais aos que poderían ir, monumentos importantes, clima e roupa que deben levar, quilómetros percorridos segundo a ruta elixida, etc. Tanto profes como alumnos estamos a gozar moito con este traballo, e estamos a desexar todos ver o resultado final. Aquí deixámosvos algunhas fotos do proceso.

 





@cole_remedios tweets