CELEBRACION FESTA DA MILAGROSA

  • 28 de novembro de 2017

CELEBRACION FESTA DA MILAGROSA

O 27 de Novembro celébrase a festividade da Virxe da Medalla Milagrosa, que é unha Virxe moi importante para o noso cole e todos os que formamos parte del.

Os nenos e nenas do Ciclo de Educación Infantil aínda somos moi pequenos para asistir a unha celebración coma a dos nosos compañeiros máis maiores, pero tamén quixemos festexar este día, así que tivemos un pequeno acto na Capela do cole no que saudamos e lle cantamos á Milagrosa, que estaba moi bonita adornada con anxos e con moitas flores.

Estabamos moi felices porque levabamos colgada ao pescozo unha medalla igualiña á que a Virxe Milagrosa lle mandou acuñar a Santa Catalina Labouré que lucimos con moito orguio.

E como en toda xornada de festa, tamén houbo lambetadas, que nos encantan, xa que para finalizar o día as mestras repartíronnos unhas piruletas.

Agora xa sabedes a quen nos referimos cando nos escoitedes cantar iso de “Míranos, oh Milagrosa…”

Que viva a Milagrosa!




@cole_remedios tweets