ENTREGA DA ESTRELA PLURINFANTIL

  • 11 de decembro de 2017

ENTREGA DA ESTRELA PLURINFANTIL

O Colexio PLURILINGÜE NUESTRA SEÑORA DE LOS REMEDIOS recibiu a ESTRELA EDULINGUA PLURINFANTIL nun acto celebrado na Cidade da Cultura,  en Santiago de Compostela. O dito acto foi presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Román Rodríguez.

Estas distincións outórganse aos centros que neste curso 2017/18 estenderon o plurilingüismo a Educación Infantil. Como sabedes, o noso centro, é plurilingüe na etapa de Educación Primaria desde xa hai anos e ten implantadas varias seccións bilingües na etapa de  Educación Secundaria Obrigatoria.

Neste acto enmarcado dentro o programa “EDUlingüe: Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020” e organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia o noso Centro estivo representado polo director, Francisco Javier Gómez Feás e pola coordinadora de plurilingüismo, Remedios Fernández Castro.

 




@cole_remedios tweets