CELEBRACION DO DOMUND

  • 26 de outubro de 2017

CELEBRACION DO DOMUND

O Domund é o día en que, dun modo especial, a Igrexa universal reza polos misioneiros e colabora con eles. Celébrase en todo o mundo o penúltimo domingo de outubro, o mes das misións.
 

Cos donativos recibidos, colabórase co labor evanxelizador e humanitario dos misioneiros.
Con estas actitudes, con alegría, con ilusión e entusiasmo, os alumnos de 5º de Primaria o venres pasado puxémonos en camiño para festexar e celebrar o DOMUND con outros coles de Santiago, grazas á invitación que Escolas Católicas fainos todos os anos.
Este ano, a celebración fíxose en La Salle. A acollida foi fantástica. Comezamos no pavillón realizando uns xogos cooperativos realizados polos nosos profesores, polos cales iamos rotando. Xogamos e compartimos risas con compañeiros de vosa mesma idade. Pasámosnolo/Pasámonolo xenial!
Despois fomos ao salón de actos, onde Sor Chus animou e motivou a celebración. No escenario lucían cartolinas de todos os colexios e cores, para comunicar a todos a lema deste ano: Se Valente, a Misión agárdate!
Fixemos un manifesto, compartimos as reflexións feitas en clase, cantamos e bailamos. Ademais, falounos David Álvarez, o Delegado de Misións de Galicia?  Foi moi agradable e divertido!
Grazas por esta invitación para participar na Campaña do DOMUND.


 





@cole_remedios tweets