ADVENTO

  • 12 de decembro de 2017

ADVENTO

O Nadal, estase aproximando, vémolo en todo o que  nos rodea. Cando baixamos pola rúa, todo está cheo de luces de cor, de vilancicos  ata parece que o aire  se respira de forma diferente, algo no ambiente nos fai pesar que xa se achega.

Pero sabemos que o Nadal é moito máis que luces, festas, comidas e xoguetes. Sabemos que imos celebrar a chegada do Neno XESÚS. Cando temos unha visita na nosa casa, antes  preparamos moitas cousas; facemos comidas especiais, todos xuntos, estamos moi felices. Para recibir o Neno Xesús tamén debemos prepararnos, preparar os nosos corazóns.Para  iso temos catro semanas  (ADVENTO) antes do Nadal. Durante este tempo, debemos intentar mellorar no que fallamos, crear un camiño cara a Xesús, onde non tropecemos  co noso egoísmo, coa  envexa, o mal humor ...

Os alumnos de 1ª, 2ª e 3ª de Primaria, imos tentar realizar todo isto, seguindo o noso propio calendario do Advento.  Cada día tentaremos  cumprir algunhas das cousas, axudar, compartir, protexer, defender, facer o ben, recordar aos que o están pasando mal…

Con todo isto seguiremos un camiño de paz e amor que nos preparará para a chegada de Xesús.





@cole_remedios tweets