CONSELLOS PARA OS AGASALLOS DO NADAL

  • 12 de decembro de 2017

CONSELLOS PARA OS AGASALLOS DO NADAL

Nestas datas todos nos preguntamos, non só os pais, senón os avós, tíos... cal é o mellor agasallo que lle podemos facer aos nosos fillos, cal é o número ideal de xoguetes.

Se ben é certo que non existe unha resposta única e que depende de moitas variables: idade do neno, se ten irmáns ou non, se ten claro o quere, o presuposto familiar…, non é menos certo que podemos ter en conta a regra dos catro agasallos.

Só catro! Pensaredes moitos de vós, pero esa é a cantidade que recomendan os expertos para os nenos no Nadal. Aínda que tendo en conta o dito anteriormente, isto pódese converter nun obxectivo un pouco difícil de conquerir. Pero… pensemos un pouco: cantas veces os nenos se ven abrumados por tal cantidade de agasallos que xa non lles fan caso?; cantas veces os xoguetes permanecen nas súas caixas durante tempo indefinido?...

Pois ben, esta regra dos catro agasallos, que podemos compartir cos familiares dos nosos fillos consiste en ter en conta estes catro principios que priman a calidade fronte á cantidade:

      - Algo que lle serva para levar (roupa, zapatos, complementos…).

      - Algo para ler.

      - Algo que realmente desexen.

      - Algo que realmente precisen.

Máis información: https://www.guiainfantil.com/blog/navidad/regalos/la-regla-de-los-cuatro-regalos-de-navidad/

Tamén, para estas datas a OCU proporciona, dende hai varios anos, uns consellos moi útiles na seguinte ligazón que vos invitamos a consultar:

https://www.ocu.org/consumo-familia/bebes/consejos/juguetes-consejos-para-acertar-en-todo.

Un último consello, non vos esquezades nestas datas, que o mellor agasallo para os vosos fillos é pasar tempo de calidade con eles.

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO

Departamento de Orientación





@cole_remedios tweets