CAMPAÑA NADAL PRIMARIA

  • 14 de decembro de 2017

CAMPAÑA NADAL PRIMARIA

Este ano os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de primaria cambiamos a nosa forma de participar na Campaña de Nadal de recollida de alimentos.

É unha campaña que realizamos todos os anos, na que xuntamos alimentos para repartir este Nadal a aquelas familias que máis o necesitan. Cada clase ten que colaborar co alimento que lle corresponda. Nós tiñamos que levar cacao, fariña, azucre e latas de conserva. Este ano as nosas profes déronlle un cambio ao xeito de colaborar na campaña.

Primeiro tivemos que aportar os cartos cos que queríamos colaborar e cada clase xuntou os seus. Nas clases contamos todo o recadado, para saber cantos cartos tiñamos para ir a facer a compra. Despois repartimos o recadado entre os equipos que hai en cada clase. Foi un gran traballo de matemáticas!

Tamén tivemos que pensar e escribir, cada equipo, a súa lista da compra. Vendo os prezos dos produtos, calculamos o que podíamos mercar.

Xa tiñamos todo listo para ir ao supermercado a facer a nosa compra. 

 




@cole_remedios tweets