VISITA DE NADAL EN INFANTIL

  • 19 de decembro de 2017

VISITA DE NADAL EN INFANTIL

Estanse achegando as datas do Nadal e no ciclo de Educación Infantil tivemos unha visita moi especial.

Un dos paxes dos Reis Magos e o mismísimo Carteiro Real viñeron a visitarnos para recoller as nosas cartas.

Aínda que moitos xa fixemos a carta tamén con mamá e papá por si acaso démoslle outra que fixemos coas mestras no cole, xa que as teñen que levar ata moi lonxe, ata Oriente, e así asegurámosnos de que non se perdan polo camiño.

Ademáis de recoller as nosas cartas tamén cantaron panxoliñas con nós, déronnos uns caramelos e por suposto preguntáronnos si nos portaramos ben, porque xa sabemos que os Reis Magos non lles traen regalos aos nenos e nenas que se portan mal.

Menos mal que ese non é o noso caso, xa que todos lles dixemos que eramos moi bos.

Agora só falta agardar!





@cole_remedios tweets