CINE CON ESPIRITU VICENCIANO

  • 26 de outubro de 2017

CINE CON ESPIRITU VICENCIANO

Este ano 2017 é un ano especial para a Familia Vicenciana, para todos aqueles grupos, asociacións, congregacións relixiosas, ... que dunha ou outra maneira  "nacemos" das instuicións, audacia e carisma de San Vicente de Paúl e Santa Luisa de Marillac.

1617 foi o ano en que San Vicente revolucionou a maneira de axudar e servir aos máis pobres. Tamén lle cambiou a el.

Por este motivo, ao longo de todo o ano están a levarse a cabo diversas iniciativas, proxectos e celebracións. As máis importantes foron o Simposio Vicenciano convocado a nivel mundial e que se celebrou este mes en Roma.

A outra iniciativa, a nivel nacional, foi un proxecto levado a cabo polas Fillas da Caridade e os Pais Paúles, unha película para dar a coñecer o carisma  vicenciano a través de Sor elena Studler, unha Filla da Caridade francesa que, durante a Segunda Guerra Mundial, grazas a unha ampla rede de contactos, liberou dos campos de concentración a máis de 2000 persoas, entre elas ao Xeneral Giraud e François Miterrand.

É unha película dirixida por Pablo Moreno ("Luz de soidade", "Un deus prohibido"), que conta na súa repartición cos actores Assumpta Serna ("O mestre de esgrima"),  Luisa Gavasa ("Incerta gloria") e Javier Bódalo ("Cóntame como pasou")

En España estreouse o 20 de outubro en 50 cidades. En Santiago estréase este venres nos Multicines Compostela. Desde o colexio decidimos que é unha boa oportunidade para que os nosos alumnos coñezan e participen do carisma. Por iso, todos os alumnos de ESO asistirán este venres a un pase especial para ver a película durante a mañá. A comunidade de Fillas da Caridade do colexio asume os gastos das entradas.

Animámosvos a vós, pais e familias, a que tamén vaiades ver a película e comentédela nos vosos fogares.

Para máis información:

https://www.youtube.com/watch?v=NOYmgWx7wXE

https://www.youtube.com/watch?v=IQPxm8GbUD8

Un saúdo:

Claustro e Comunidade de Fillas da Caridade. 





@cole_remedios tweets